| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • Stop wasting time looking for files and revisions. Connect your Gmail, DriveDropbox, and Slack accounts and in less than 2 minutes, Dokkio will automatically organize all your file attachments. Learn more and claim your free account.

View
 

Impulsando unha Rede de Troco na Coruña_galego

Page history last edited by Sergio ANP 10 years, 7 months ago

[versión en castellano]

 

Páxina sobre o deseño inicial dunha iniciativa impulsada por un alumno do curso de Certificado de Deseño en Permacultura realizado en Tanquián-Galiza (2007), impartido polo Nodo Espiral (Academia de PermaCultura).

 

Visita a web da Rede de Troco da Coruña para ver como se foi desenvolvendo, o seu funcionamento actual e a forma de contacto.

 


 

A tempada 2007/08 estiven impulsando unha rede de troco local a pequena escala.

 

A idea xurde e está inspirada polo visto no módulo 5 do curso de Permacultura, concretamente pola proposta-modelo da Red de Trueque de La Palma, un dos modelos que a priori me pareceu máis completo e con máis posibilidades. Isto complementouse cun labor de documentación, principalmente a través dos materiais recopilados en http://monedascomplementarias.pbworks.com/.

 

 

CREANDO UNHA REDE DE TROCO NA CORUÑA

 

 Obxectivos finais:

  • fomentar unha economía alternativa, baseada nas necesidades das persoas, non do mercado

  • crear unha pequena comunidade/grupo de apoio e recuperar as vantaxes de pertencer a ela

  • relativizar/disminuír a importancia dos cartos nas nosas vidas

  • revalorizarnos, comprobar na práctica que somos capaces de facer moitas cousas por nós mesmxs (habilidades, capacidades, coñecementos, coidados, apoio emocional...)

 

 Estratexia:

  • crear unha rede de troco multirrecíproco-multilateral de bens e servizos, de ámbito local e a pequena escala

 

 Táctica:

  • programar unha xornada de troco (convocar xuntanza informativa-dinamizadora para crear grupo efectivo que configure o núcleo da futura rede)

 

 

Como primeiro paso, convocouse a "I Xornada de Troco Multilateral" o día 10 nov´07 no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, asociación coñecida e con certo prestixio (fundada en 1976), cun local céntrico, cómodo e "non excluínte".

 

Nela explicáronse e puxéronse en práctica diversas ferramentas como: troco de bens e servizos (recíproco), bancos de tempo, moedas complementarias locais/rexionais e redes de troco multilateral/multirrecíproco.

 

Á xornada acudiron 18 persoas, 15 delas residentes habituais na Coruña, e 3 en Lugo e Compostela, estas últimas vinculadas a experiencias-proxectos dun incipiente banco de tempo e de mercadiños de troco na rúa, respectivamente.

 

     

 

 

 

 

PROGRAMA

 

  1. Recepción

  2. En pequenos grupos, falar das impresións coas que se chega á xornada (por que estou aquí, que espero atopar...) --> rompexelos inicial, primeiros contactos...

  3. Mercadiño de troco convencional (troco recíproco de bens)

  4. Mercadiño de troco de servizos-coñecementos (troco recíproco de servizos)

  5. Reflexión sobre as limitacións dos sistemas anteriores

  6. Explicacións e exemplos: bancos de tempo e moedas complementarias locais e rexionais

  7. Intermedio (saír á rúa, fumar, desconectar, socializar, pensar na lista de "pidos e ofrezos")

  8. Explicación e simulacro de rede de troco (listado de peticións e ofrecementos de bens e servizos, valorar os ofrecementos en relación á moeda propia, contabilidades individual e grupal, compartir impresións)

  9. Lanzar pregunta-proposta: hai vontade e compromiso para crear unha rede de troco a pequena escala?

  10. Recoller contactos das persoas interesadas

  11. Avaliación

  12. Remate da parte expositiva

  13. Comida-tentempé compartido

  14. Recollida-Fin

 

 

      

 

 


 

Tras unha xuntanza o 3 dec´07, á que acudiron 4 persoas que non foran á xornada previa, a Rede comezou a funcionar. Así, creouse unha táboa cunha ferramenta-web para, provisionalmente, servir para a comunicación entre os membros. Enlace á táboa.

 

 

CARACTERÍSTICAS e FUNCIONAMENTO da Rede de Troco

(proposta 3-12-07)

 

  • Independente e autónoma: sen vinculación a institución nin entidade algunha.

     

  • Autoxestionada: con total capacidade para decidir sobre o seu funcionamento.

     

  • Confianza mutua como base para fomentar os trocos.

     

  • A Rede actúa de intermediaria entre os seus membros. Os trocos realízanse baixo a responsabilidade dos seus integrantes.

     

  • A Rede está aberta a novos membros, co requisito de asistir a algunha das xuntanzas abertas convocadas periodicamente.

     

  • Ao comezo, a Rede (nós) outorga (outorgámonos) a cada membro (a nós mesmxs) un saldo de __ unidades.

     

  • Cada membro adquire os seguintes compromisos ante os demais membros da Rede:

    • comunicar os intercambios efectuados

    • levar a contabilidade do seu saldo persoal

    • non exceder as __ unidades de saldo persoal, tanto positivo como negativo

    • en caso de desvincularse da Rede, deixar un saldo persoal igual ou superior ao outorgado ao comezo (para evitar sensacións de “aproveitamento interesado”)

       

  • O tempo empregado nas tarefas necesarias para o funcionamento da Rede “revertirase” como saldo positivo para as persoas que as leven a cabo. Exemplos: conta de correo-e, organizar unha xuntanza periódica, etc.

     

  • Autorresponsabilidade individual e grupal respecto á observación das normas de funcionamento consensuadas.

 

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.